miércoles, 18 de abril de 2012

O sistema solar ten un irmán xemelgo

O sistema solar ten un xemelgo a 130 anos luz. Trátase dunha serie de planetas, en concreto nove, que orbitan ao redor da estrela HD 10180, segundo publica o último número da revista Astronomy and Astrophysics. Ata agora pensábase que o astro só contaba con sete planetas.

O máis interesante é que os dous novos planetas identificados son super-Terras quentes que dan unha volta ao redor do astro cada 10 e 68 días respectivamente. Aínda que se atopan demasiado próximos á estrela para manter auga líquida na súa superficie, trátase de corpos rocosos sólidos parecidos ao noso planeta, con masas entre 2 e 5 veces a terrestre.

De momento trátase do sistema planetario máis completo que se descubriu, e un lugar ao que seguir apuntando os telescopios, segundo suxiren Miko Tuomi e os seus colegas da Universidade de Hertfordshire nas conclusións do estudo, baseado en datos obtidos co espectrógrafo HARPS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario