O síndrome de Asperger (AS) que padece o carismático Sheldon Cooper (o persoaxe), da serie televisiva The Big Bang Theory, é un transtorno caracterizado por intereses limitados ou unha preocupación inusual e obsesiva cun obxecto ou un tema en particular, chegando a excluir outras actividades e temas de conversación. As persoas que o padece soen ter unha intelixencia normal ou lixeiramente por enriba da media, pero mostran rutinas ou rituales repetitivos, así como unha tendencia a falar de maneira demasiado formal ou monótona e a interpretar figuras retóricas e ironías de maneira literal. As veces a súa linguaxe corporal é inexistente. Tamén exhiben un comportamento social e emocionalmente inadecuado e se amosan incapaces de interactuar exitosamente cos demais. A torpeza física e a ausencia de empatía cara ós demas son outros rasgos característicos da enfermidade, que soénse diagnosticar en idade escolar. Estímase que en torno a 3 de cada 1000 nenos poderían padecer o transtorno, que é máis frecuente nos varóns e clasifícanse como un transtorno do espectro autista (TEA).Créese que científicos como Albert Einstein ou Isaac Newton, artistas como Miguel Ángel e músicos brillantes como Beethoven puideron padecer o síndrome de Asperger.