miércoles, 7 de marzo de 2012

Síndrome de Capgras: O mundo é un teatro

Seguimos a falar de enfermidades raras da mente pero xa se ter relación ca ciencia.

Trastorno infrecuente no que o suxeito cre que as persoas próximas foron substituídas por dobres ou se comportan como actores. A persoa considerada como impostora ten o mesmo parecido físico, pero o enfermo cre que a súa mente non é a da persoa orixinal. Quen o padecen non senten unha relación emocional entre a imaxe que ven e a persoa que recordan, moitas veces aceptan vivir cos “impostores” sabendo secretamente que non son quen din ser. Nalgúns casos non se recoñecen a eles mesmos no espello e séntense tan perturbados ao ver ao “Doppelgänger” no reflexo que teñen que retirar todos os espellos da casa. Outros casos son de pacientes que teñen a convicción de que a súa mascota, coche, cadeira, etc. foron cambiados por unha réplica exacta. É como estar nun universo paralelo. Toma o nome do psiquiatra francés Jean Marie Joseph Capgras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario