jueves, 15 de marzo de 2012

La carraca

La carraca, ave del año 2012:

A Sociedade Española de Ornitología (SEO/Birlife) elixiu á carraca (Coracias garrulus) como ave do ano 2012. O descenso das súas poboacións, ao redor dun 40 por cento nos últimos anos, e as ameazas aos hábitats ocupados por esta especie levárona a estar incluída na categoría de "vulnerable" no Libro Vermello das aves de España.


Este paxaro de cores rechamantes habita en zonas esteparias, cultivos tradicionais e sotos fluviales, e aliméntase principalmente de insectos, o que lle fai ser un excelente factor de control de pragas. O seu nome débese ao ruidoso reclamo que emite, similar ao son das carracas de madeira, e que se empeza a escoitar en España durante a primavera, cando as aves regresan de pasar o inverno no África subsahariana.

Os cambios nos usos do chan e o aumento dos plaguicidas puxeron en perigo a supervivencia das carracas xa que, ademais de aumentar o risco de intoxicación pola ingesta de contaminantes químicos, tamén diminuíron as poboacións das súas presas potenciais. Por todo iso, a SEO quixo chamar a atención sobre esta especie, e ao longo do ano realizará diferentes actividades orientadas á sensibilización e conservación da mesma, como o seguimiento por satélite, censos e talleres divulgativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario